ENCONTRO DO BNG CO SECTOR PESQUEIRO E MARISQUEIRO
O BNG de Camariñas vai a manter un encontro, este sábado, nas Confrarías de Camelle e Camariñas co sector pesqueiro e marisqueiro. Ás 11:30 da mañán vaise a producir o primeiro encontro na Confraría de Camelle e ás 16:30 terá lugar o seguinte na Confraría de Camariñas. Vaise contar coa presenza do Diputado autonómico para asuntos de pesca e marisqueo, Daniel Rodas. Tamén asistirá o Responsabel Comarcal do BNG e candidato ás Europeas, Serxio Dominguez, e Ilva Carril (Candidata pola costa da Morte ás eleicións europeas).
Este encontro vai a servir para dar a coñecer as iniciativas levadas a cabo polo BNG e a posición do nacionalismo nos asuntos relacionados coa pesa e o marisqueo e tamén para recoller as propostas do sector e coñecer de primeira man a situación pola que estan a atravesar.