O BNG DE CAMARIÑAS ESIXE O TRASPASO DE COMPETENCIAS
A deriva da Gabarra Prima de 105 metros de eslora a 15 millas do cabo vilán tráenos outra vez a memoria o accidente do Casón e a catástrofe do petroleiro Prestige que tiñou de negro as nosas costas aquel fatídico día 13 de novembro de 2002. Ista catástrofe amosounos a debilidade que temos en materia de seguridade de tráfico marítimo e a precariedade de medios para a loita contra a contaminación marina no corrredor de Fisterra, un dos que maior tráfico rexistra..
A pesares de que xa transcurriron once anos e a pesares da gravedade dos feitos e da impunidade na que deixou a sentenza aos responsables e culpables, podemos asegurar que non se avanzou nada e aquela máxima de quen contamina paga a raiz da triste sentenza quedou en papel mollado e os culpabeis (goberno da Xunta e Goberno do estado) en acusadores contra a cidadania que se movilizou e axudou a mitigar os efectos de tan funesta marea negra.
Galiza posue milleiros de kilómetros de costa, e é a Xunta de Galiza a que deberia ter as competencias para poder controlar os buques que recalan os seus portos ou van de tránsito. Lembremos a descoordinación que se producio durante a catástrofe .
A deriva desta Gabarra amósanos que ainda non se incrementaron os medios materiais dedicados ao salvamento e a loita contra a contaminación marina. Que a costa da morte e a costa de Camariñas non está o suficientemente protexida no caso que isto se convirta nunha catástrofe como a do Prestige. E tamén, como non, que a lexislación en materia de comisión de delitos ecolóxicos marítimos é demasiado branda na sua aplicación. Basta pór como exemplo a sentenza do Prestige.
Recentemente o BNG no Congreso dos Deputados presentou unha proposta para transferir a Galiza as competencias en Salvamento Marítimo e Loita Contra a Contaminación Marina e endurecer as Leis en materia de Delito Ecolóxico no caso da Contaminación Marina que finalmente foi rexeitada polo P.P.
O BNG de Camariñas reafirmase no traspaso de competencias e endurecer as leis para o caso da contaminación marina como xeito de evitar outra catástrofe do Prestrige en Camariñas e na Costa da Morte.