A administración Local como proxecto recentralizador
REFORMA DOS CONCELLOS
RUINA PARA A CIDADANIA
Queren concentrar os servizos para privatizalos
En que consiste a reforma dos Concellos?
É un proxecto de Lei que pretende baleirar de competencias os Concellos para centralas nas deputacións Provinciais que ignora as características propias dos Concellos Galegos en canto a a súa dispersión, o envellecemento da poboación, o desequilibrio territorial, o urbano e o rural, etc
Por que é unha ruina para a cidadania?
Porque os Concellos son os organismos máis próximos a ti. Suprimir estas competencias seria danar de morte os servizos que recibe a cidadania.
Por que é malo que as deputacións asuman estas competencias?
Porque as deputacións están lonxe da xente. Porque non é elexido de forma directa pola cidadania. Van deixar desatendidas as necesidades de moitas persoas.
En que se vai ver afectado o teu día a día?
En que moitos dos servizos dos que hoxe dispós van empeorar ou, directamente, desaparecer. Porque a decisión das prioridades vai estar lonxe das suas necesidades.
En que o Concello, ese centro administrativo ao que agora te dirixes de forma directa e próxima , para resolver calquera cuestión, non vai ter capacidade de decisión e, por tanto, de resolver o teu problema.
En que para resolver calquer cuestión, terás que desprazarte e tratar con xente que non coñeces nin te coñece.
En que van quedar os Concellos?
En simples delegacións ou oficinas.
Cal é o motivo desta reforma?
O motivo real é a intención de privatizar os servizos públicos. A medida oriéntase ao lucro das grandes empresas xa que ningunha grande empresa privada vai sacar lucro de prestar un determinado servizo nun concello de menos de 20.000 habitantes; por iso compre agrupar os servizos. Así o lucro empresarial obtense de ter o persoal en peores condicións laborais e subordinar as necesidades das persoas usuarias ao obxectivo económico da empresa que xestiona o servizo.
OS SEGUINTES SERVIZOS VANSE VER EMPEORADOS OU DIRECTAMENTE SUPRIMIDOS.
- Asistencia Social: Traballadores/as sociais pasarán a depender das deputacións, reducindo o seu número e privatizando os seus servizos.
- Centros de día: Antepónse o seu benestar ao lucro económico.
- Escolas Infantís e Colexios: A lóxica vai ser a de gañar ou perder cartos.
- Dotacións Deportivas: Privaranse da posibilidade de establecer as nosas prioridades de infraestructura e planificación de actividades deportivas.
Pensa nun dos servizos do que es usuario/a e pregúntate que será del cando non o preste o teu Concello
Polo seu interese reproducimos aquí o artigo de Lois Burgos sobre a Avaliacion da reforma da Adminstracion Local (1)
E o artigo de Alba Nogueira sobre A Administración local como apéndice no proxecto recentralizador (1)