Contaminación na praia de Lingunde

Verquidos na praia. Imaxe 2014
Verquidos na praia. Imaxe 2014.

O BNG de Camariñas advirte que a bandeira verde ondea en Lingunde mentres na web do SERGAS se mantén a recomendación de non bañarse.

Contaminación na praia de Lingunde

Os resultados publicados hoxe, 7 de agosto de 2015, na web do SERGAS indican a presenza de contaminación fecal na praia de Lingunde e na de Area da Vila. O SERGAS recomenda non bañarse. Nestes momentos estase a producir unha incongruencia entre a información que dá o concello e a que ofrece o SERGAS.

 

As últimas tomas do SERGAS foron recollidas o 28 de xullo e o informe ten data do 3 de agosto, segundo se reflicte na plataforma de control microbiolóxico das augas de zonas de baño de Galiza.

 

Desde o BNG cualificamos como irresponsábel a actitude do alcalde de tomar un baño en Lingunde, no canto de establecer medidas de prevención e control sanitaria. No caso de Area Longa, os problemas veñen de catro anos atrás. 

Contaminación na praia de Lingunde