O BNG de Camariñas denuncia o estado de abandono no que se atopa o paseo marítimo Camariñas.
O BNG de Camariñas a través da sua candidata ás leccións europeas, Ilva Carril, denuncia o deterioro e de abandono na que se atopa o paseo marítimo de area da Vila de Camariñas, que discurre por detrás da Conserveira de Cerdeiras. Xa vai para tres anos que o acceso ao paseo constitue un perigo para a xente que se achega a el. Resulta sintomático o deterioro no que se atopan as aceras, balastruadas e farolas que discorren ao longo do paseo. Iste deterioro é un máis dentro dos centos que hai no noso Concello e aos que o BNG de Camariñas xa ten denunciado. Pero a desidia, a falla de interés do equipo de goberno por levar a cabo unha política de mantemento do material urbano fai que o noso concello se atope nun estado de abandono lamentabel. Nada xustifica esta deixadez, pois os veciños e veciñas de Camariñas temos dereito a disfrutar dun entorno seguro e adecentado,. Ademáis o feito de ter un Concello en boas condicións supón un atractivo máis para a xente que se acerca a nosa localidade para disfrutar da nosa paisaxe . Isto tamén xera economia local e axuda a revitalizar o noso povo..