PP/PSOE Complices da instalación da planta contaminante no cabo Vilán

PP/PSOE Complices da instalación da planta contaminante no cabo Vilán

 

Costa da Morte ene11 063Despois das declaracións realizadas polo Alcalde de Camariñas onde deixa entrever que coñece a existencia do proxecto Instalación no cabo Vilán, por parte de Gas Natural-Fenosa, dun centro de almacenamento que usa sustancias tóxicas e corrosivas (Sulfato de Vanadio e Ácido Sulfúrico). O BNG de Camariñas quer denunciar unha vez máis o escurantismo, a falla de información e o pacto acadado entre o PSOE e o Partido Popular para que o cabo Vilán sexa ocupado por Gas Natural-Fenosa. O Alcalde de Camariñas en declaracións realizadas a varios medios, da por feito que Gas Natural- Fenosa se vai a instalar fronte a nosa costa. Ao alcalde, a raiz da denuncia realizada polo BNG de Camariñas, non lle quedou máis remedio que admitir que coñece a existencia do proxecto. O cinismo é tal que ahora demanda que haxa “luz e taquígrafos. En realidade o que fai falla é responsabilidade e defensa do noso territorio e economia local que é o que non fai iste Alcalde, sendo complice unha vez máis das políticas agresivas que está a levar o Partido Popular polo noso pais e especialmente pola nosa costa. Este proxecto pode por en perigo a economia local. O turismo, a pesca e o marisqueo poden verse afectados directamente e xa non digamos o impacto que supón este tipo de instalacións nunha zona especialmente protexida cunha enorme riqueza en flora e fauna. O BNG de Camariñas acompañará a eurodeputada Ana Miranda, que se vai trasladar a Camariñas o vindeiro xoves para interesarse, en persoa, polo proxecto de instalación que se pretende ubicar no cabo vilán e dar a coñecer as xestións relaizadas no parlamento europeo.

PP/PSOE Complices da instalación da planta contaminante no cabo Vilán