O BNG continua na sua loita contra os tanques contaminantes no Vilán.

Parque eólico en Cabo Vilán
Parque eólico en Cabo Vilán.

o BNG de Camariñas pide que o alcalde informe dos proxectos e concesións que hai previstos no Cabo Vilán

O BNG continua na sua loita contra os tanques contaminantes no Vilán.

En relación a instalación de tanques tóxicos no Cabo Vilán, o BNG de Camariñas solicitou no seu día unha reunión coa Consellería de Industria e Economia e coa Consellaría de medio Ambiente. Seguimos á espera destas reunións para saber a situación na que se atopa este proxecto e para amosar a nosa oposición ao mesmo. Nós non desistimos e non nos conformamos coas explicacións que se dan en diferentes medios de comunicación por parte do PSOE e do PP. Ambos manteñen declaracións erráticas e tendentes a confundir aos veciños/as. Un día apoian que GAS NATURAL-FENOSA instale os tanques, e informan que é algo inevitabel e incluso se lles da facilidades e outro erixense en campeóns da oposición ao proxecto.

 

O BNG de Camariñas mantivo en todo momento a mesma posición contraria aos tanques contaminantes, e nela seguimos. E, non nos cremos que GAS NATURAL-FENOSA desiste da sua instalación, nin que o PSOE e O PP non busquen o momento máis propicio para levalo adiante. Por elo o BNG de Camariñas pide que o alcalde informe dos proxectos e concesións que hai previstos no Cabo Vilán, incluida a concesión de chan protexido. O Alcalde non debería de ser un mero xerente de empresas multinacionais e permanecer ante tamaños proxectos como un mero expectador. Debe defender os intereses dos veciños/as mantendo unha actitude activa e de preocupación.

 

O BNG de Camariñas non ve que o alcalde se preocupe ante a Xunta de Galiza polo que pode acontecer no Cabo Vilán ou por contrastar a información que di que se lle enviou.

O BNG continua na sua loita contra os tanques contaminantes no Vilán.