O BNG de Camariñas DÍ NON a Pichurri e vai exercer una oposición constructiva.

O BNG de Camariñas DÍ NON a Pichurri e vai exercer una oposición constructiva.

foto 002O BNG de Camariñas di non a elección como alcalde de Manuel Valeriano do PSOE.

A nosa posición  é por non ser quen de desenvolver unha política municipal de defensa e promoción do noso concello, porque xa quedou dabondo demostrado estes anos non ser capaz mellorar o nivel de vida dos veciños e veciñas  a través de políticas activas que xeren emprego (Campañas a prol do comercio, turismo, feiras locais etc..).

Decimos non, por realizar obras e actuacións dende á alcaldía sen contar para nada cos veciños/as de Camariñas .

O BNG de Camariñas vai exercer unha oposición construtiva levando a cabo propostas e alternativas para mellorar a vida de xente. Imos a exercer un firme e férreo control sobre todo o que se fai e se gasta dende o concello e pelexaremos para que as propostas recollidas no noso programa se leven adiante, tal como nos encomedou a xente que nos apoiou nas urnas.

Estamos en  contra por considerar que é un alcalde déspota que non goberna para todos/as os veciños/as de Camariñas, tal e como debería  de ser a súa función de alcalde, un alcalde para todos e todas,  non só para a súa maioría, pois o alcalde débese non só a quen o votou.