PRAIA DE CAMELLE E AREA DA VILA EXCLUIDAS AO BAÑO POR CONTAMINACIÓN
PRAIA DE CAMELLE E AREA DA VILA EXCLUIDAS AO BAÑO POR CONTAMINACIÓN
Camariñas conta un ano máis con duas zonas excluidas ao baño (Camelle e Area da Vila) debido a exposición a bacterias fecais que poden provocar problemas de saúde e en moitos casos dixestivos, a normativa obriga a desaconsellar o baño nestas zonas e insta ás autoridades a tomar as medidas necesarias para corrixir a situación. Ademáis de que a mala calidade das aguas se prolongue no tempo (a norma marca cinco anos consecutivos con calidade insuficiente), estas zonas de baño son excluidas do censo até que non se realicen actuacións encamiñadas a solucionalo, e nin siquera se realizan as medicións. Concello de Camariñas e Xunta de Galiza non estan a facer nada por solucionar esta situación.