Adianto da contribución e privatización de servizos
O alcalde decide adiantar o cobro dos recibos da contribución sen consultar ao resto de forzas da corporación municipal.
O BNG de Camariñas denuncia unha vez máis a actitude do alcalde de Camariñas ao obrigar unilateralmente e sin levar a comisión de contas, o adianto do pago da contribución aos veciños e veciñas de Camariñas. Era habitual pagar no mes de novembro a contribución (as taxas do lixo, do saneamento, do mantemento do cemiterio) pero unha vez máis o alcalde decide adiantar os impostos, que xa están a ser cobrados neste mes de marzo, catro meses despois de facer o pago do exercicio anterior.
O BNG oponse ao adianto do pago da contribución e parécenos "unha falta de actitude democrática" que non se informara nin a comisión, nin ao pleno nin aos veciños.
Acordo PP+PSOE para a privatización do servizo de atención no Museo de Mán
Por outro banda, o PSOE de Camariñas e o Partido Popular acordaron na comisión de contas,a privatización da atención ao Museo de Mán por un importe total de 19.420,50 euros/ano que vai ser adxudicada a unha empresa xa coñecida.
Tamén o PSOE e o PP acordaron cobrar a tódolos veciños de Camariñas unha taxa por visitas aos museos, exposicións, bibliotecas e monumentos.
Estas iniciativas contaron coa oposición da concelleira do BNG que sostivo que as visitas debian de ser gratis. Ilva Carril amosou tamén a sua oposición a que se privatice o servizo no museo, xa que pode ser levado perfectamente polo propio Concello. Isto vai a supor un gasto máis para a deteriorada economia do Concello o que repercutirá unha vez máis na suba de impostos.