O BNG de Camariñas, en defensa do galego e da toponimia

Queremos galego
Queremos galego.
O BNG de Camariñas, en defensa do galego e da toponimia

O BNG de Camariñas denuncia a non utilización do idioma Galego e a deturpación da toponimia empregada nos cartaces e documentos informativos elaborados para a campaña do “Plan de Dinamización Sitio de Interés Turístico cabo Vilán. Camariñas. O mar todo”. Este proxecto está promovido polo Concello de Camariñas e financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira, GAC3-costa.

 

Existe por parte do Concello un desprezo miserable pola defensa do noso idioma e así non é de estrañar que impriman publicidade en español e inglés e se olviden do Idioma Galego e inclusive vaian a máis coa aceptación de toponimia totalmente deturpada.

 

Así a pedra do sal pasa a chamarse “Piedra de la sal”, a igrexa de Santa Mariña por “Iglesia de Santa Maria”, “punta de la Pedrosa” e a combinación de galego e castelan castrapado e castrado de “furna de los infiernos”. Lembramos que o alcalde mandara a policía local retirar un posto de Queremos Galego, no que se informaba sobre a situación do Galego no noso país. Sorprende tamén que a Xunta e o Grupo de Acción Costeira non supervisen os cartaces e folletos elaborados, pois estas cartaces estanse a colocar por todo o concello de Camariñas coa ausencia máis absoluta do idioma galego.

 

 

O BNG de Camariñas, en defensa do galego e da toponimia