O BNG de Camariñas esixe a dimisión do alcalde
O BNG lembra que o Xulgado do Penal número 3 da Coruña condenou ao alcalde de Camariñas
O BNG de Camariñas sempre denunciou a actitude caudillista do alcalde de Camariñas. Unha vez máis amosa un actitude dictatorial ao non querer dimimitir logo de ser condenado a catro anos de inhabilitación por contratar a un compañeiro do PSOE.
Dende o BNG de Camariñas xa denunciáramos que se contrataba sempre ao mesmo personal con subvencións da deputación e que o alcalde estaba a practicar unha política de enchufismo, ben coñecida por todas as veciñas e veciños. O suposto código ético do PSOE quedou en papel mollado en Camariñas, xa que despois de abrirse xuizo oral por procedimento penal ao alcalde, este non dimitiu nin siquera foi expulsado do seu partido. Lembremos que o alcalde xa fora imputado (investigado) no ano 2011 por suposta negociación prohibida a funcionarios e continou no cargo como si nada pasara. Por iso o BNG insiste en reclamar a dimisión de Manuel Valeriano Alonso.