Reunión do BNG de Camariñas cos representantes do sector pesqueiro e marisqueiro
O BNG de Camariñas e o Responsabel de Pesca do BNG no parlamento galego, Daniel Rodas, mantiveron unha reunión con representantes do sector pesqueiro en Camariñas. Entre os representantes do sector estaban: A patrona maior de Camariñas, o Vice-Patrón Maior primeiro de Camariñas, O Patrón Maior da Confraría de Camelle e o Presidente dos percebeiros.
Nesta reunión o BNG escoitou a demanda do sector e trasladou as diferentes propostas e iniciativas que ten o BNG para o criadeiro de Bivalbos de Camariñas que neste momento está totalmente abandonado pola xunta de Galiza, despois de terse feito unha inversión millonaria. Tamén se tratou sobre a flota da xarda e a defensa que está a facer o BNG na arte do xeito.