Industria conserveira de Camariñas: Ana Miranda e Daniel Rodas interesáronse polo sector
Dentro da Campaña que está levando a cabo o BNG de Camariñas para apoiar e revitalizar os sectores productivos, encádrase a visita que no día de hoxe se realizou a Industria Conserveira de Camariñas por parte dunha delegación do BNG de Camariñas, da Eurodiputada do BNG Ana Miranda e o Diputado Autonómico do BNG para asuntos de Pesca Daniel Rodas.
A delegación do BNG visitou a conserveira Cerdeimar, que é unha empresa que xera unha meirande postos de traballo no noso concello e emprega a unha boa parte de mulleres da nosa localidade. Tanto Ana Miranda como Daniel Rodas interesáronse polas dificultades que está atravesando o sector e tamén por coñecer os proxectos futuros da Industria Conserveira como fonte e motor de creación de emprego para Camariñas. Ana Miranda e Daniel Rodas informaron das iniciativas levadas a cabo no parlamento europeo, autonómico e estatal a prol da Industria Conserveira. Así mesmo, amosaron a sua preocupación pola situación que está atravesando o sector que conta con unha lixeira caida na producción como consecuencia de menor número de ventas no mercado interior como consecuencia da caída da demanda.
Galiza supon o groso da actividade nun sector que soportou un forte proceso de reconversión.A industria conserveira é moi importante para Galiza e para Camariñas para xerar emprego, xa que o noso pais manténse como primeira zona de producción de conservas e semi-conservas.O xerente de Cerdeimar e os deputados amosaron a preocupación pola amenaza asiática. O acordo de libre comercio entre a UE-Tailandia eliminaría os aranceis que gravan a importación e ameazaría fortemente o futuro do sector na Galiza, ademáis Tailandia produce a baixo coste e non está suxeita ao cumprimento en materia medioambiental, sanitaria e laboral.
Finalmente os diputados do BNG comprometeronse en continuar na loita para protexer o sector Conserveiro e pular por conquerir que siga a ser un dos motores económicos e de creación de emprego en Camariñas e no noso pais.