O BNG de Camariñas lanza unha campaña de apoio ao comercio local

O BNG de Camariñas lanza unha campaña de apoio ao comercio local

camarinas

Dentro da campaña “Camariñas encaixa o seu futuro”. O Bng cos sectores productivos”, o Bng lanza esta iniciativa de apoio ao comecio local.

Nestas datas nas que todos/as, en maior ou menor medida, tendemos a aumentar o noso consumo, coidamos que é preciso pór en marcha medidas de apoio ao pequeño comercio do noso concello, sobre todo póla importancia que a campaña de Nadal ten para a economía dos estabelecementos de Camariñas.

O tecido económico do sector servizos do noso concello, está formado , maioritariamente, por autónomos, pequenas empresas ou empresas familiares. Consumindo nestes estabelecementos, conseguiremos que os nosos cartos xiren ao noso redor, non saian fora, e dun ou doutro xeito, acaben voltando as nosas mans.

Pola contra, si saimos a mercar as cidades, as grandes superficies comerciais, inevitablemente, o noso diñeiro quedará aló, ou mesmo se irá fora, tendo en conta que moitas desas marcas teñan as súas sedes fora do país.

Ademais, cada vez son mais as grandes áreas que se asentan na bisbarra, moi preto de nós, polo que o Bng propón tamén medidas para contrarestar o poder desas grandes cadeas e favorecer e axudar ao pequeño comercio e/ou comercio familiar.

Algunhas delas son:

  • Unha moratoria na implantación de grandes superficies comerciais, non deben abrir mais establecementos mentras os nosos xoves seguen a emigrar.
  • Incentivar a comprade productos locais galegos, con promoción da súa etiquetaxe no noso idioma.
  • Promover axudas para implantar ou mellorar estabelecementos específicos que comercailizen productos autóctonos.
  • Promover axudas para mellorar ou implantar comercios específicos que vendan productos do país.
  • Establecer liñas de créditos prioritarias para o comercio de proximidade ou local.
  • A regulación dos horarios comerciais a prol da normalidade de xornadas laborais, tanto dos empregados/as coma dos e das comerciantes e negocios familiares. Por pór un exemplo, as grandes cadeas van abrir os domingos este mes de Nadal todo o día, o que supón un claro trato de favor cara eses xigantes do comercio. Debemos ter en conta tamén, que a día de hoxe suceden cousas tan sen sentido, como que unha grande superficie non ten porque pagar mais a un/unha empregada por traballar un domingo ou festivo, namentras un pequeño comercio debe por lei facelo.

O BNG de Camariñas lanza unha campaña de apoio ao comercio local