O PSOE de Camariñas debe de favorecer "un cambio tranquilo" na alcaldía

Manuel Valeriano Alonso.
Manuel Valeriano Alonso.

Manuel Valeriano Alonso de León (PSOE) foi condenado a catro anos de inhabilitación. O BNG sinala que é responsabilidade do PSOE afastar ao alcalde do seu cargo e permitir que se produza un cambio tranquilo que non altere o funcionamento do Concello. 

O PSOE de Camariñas debe de favorecer "un cambio tranquilo" na alcaldía

O BNG de Camariñas vén denunciando publicamente a campaña que están a realizar algúns militantes destacados do PSOE de Camariñas, recollendo sinaturas en defensa do alcalde Manuel Valeriano Alonso de León Pichurri.

 

O PSOE de Camariñas debe de favorecer un cambio tranquilo no Concello que goberna e non xogar a crispar ao povo de Camariñas  para defender a un acalde que, segundo din os xuíces, actúa fóra da lei e ampárase nas siglas do PSOE. O orgullo e o ego ferido do alcalde teno que limpar o alcalde cumplindo coa sentenza e co código ético do seu partido. Os socialistas de Camariñas serán os que deberían garantir un clima de confianza, coherencia e bo goberno para cos seus veciños e veciñas. Dende o BNG apelamos ao PSOE e aos seus militantes e simpatizantes para que leven adiante un cambio tranquilo no Concello de Camariñas.