O alcalde de Manuel Alonso segue coas actitudes autoritarias

O alcade de Camariñas, Manuel Alonso, co micro.
O alcade de Camariñas, Manuel Alonso, co micro.

O alcalde de Manuel Alonso mantén a falta de transparencia nas contratacións municipais e repite esquemas autoritarios, mesmo cando elixe o bañador como Fraga en Palomares, para negar a contaminación na praia de Lingunde.

O alcalde de Manuel Alonso segue coas actitudes autoritarias

No último pleno celebrado no concello de Camariñas, o BNG esixiu ao alcalde Manuel Alonso que creara unha mesa de contratación na que estiveran presentes as organizacións con presenza no Concello e se invitase a tódalas empresas de Camariñas a participar para a asignación das obras que se levan a cabo no noso concello, e  non soamentes recaian nas mesmas empresas, todas elas con vinculos claros co PSOE. Esta mesa de contratación serviria para garantir maior clareza e democracia a hora de levar adiante os procedimentos.

 

A actitude do alcalde non podia ser outra que a de negarse a constituir a mesa. A sorpresa do BNG de Camariñas foi maiuscula cando se preguntou polos terrenos onde se depositaban os escombros en Camelle. A resposta do calcalde foi que ises terreos foran cedidos gratuitamente ás mesmas constructoras que se lle asignan tódalas obras do concello. Pois estas constructoras serian o garante de que non se depositaran os escombros. O BNG considera que o alcalde está a xogar co diñeiro dos veciños, eses terreos pertencen ao colectivo dos veciños e é diñeiro que se deixa de ingresar para as arcas públicas.

 

Máis contaminación en Lingunde

A praia de Lingunde presenta contaminación por coliformes fecales, e unha vez máis o alcalde, coa actitude prepotente que lembra tempos pasados, decide bañarse para que cunda o exemplo. Un comportamento totalmente irresponsable. Na vez de comprobar a orixe da contaminación para por freo e restituir a situación, comportase como un irresponsabel.