O BNG denuncia: Adianto da contribución e Privatización de servizos.

O BNG denuncia: Adianto da contribución e Privatización de servizos.

O BNG de Camariñas denuncia unha vez máis a actitude “Dictatorial” do alcalde de Camariñas ao obrigar unilateralmente e sin levar a comisión de contas, o adianto do pago da contribución aos veciños/as de Camariñas. Era habitual paimpostos-esquenagar no mes de novembro a contribución (Lixo, saneamento, cemiterio…) pero unha vez máis o alcalde engaña aos veciños e decide adiantar os impostos, que xa están a ser cobrados neste mes de marzo, catro meses despois de facer o pago do exercicio anterior. BNG oponse ao adianto do pago da contribución e parécenos unha falla de actitude democrática que non se informe a comisión ao pleno e aos veciños.

Por outro lado, o PSOE de Camariñas e o Partido Popular acordan, na comisión de contas,a privatización da atención ao Museo de Mán por un importe total de 19.420,50 euros/ano que vai ser adxudicado a unha empresa xa coñecida de antemán. Tamén o PSOE e o PP acordan cobrar a tódolos veciños/as de Camariñas unha taxa por visitas aos museos, exposicións, bibliotecas e monumentos. Estas iniciativas contaron coa oposición da concelleira do BNG que sostivo que as visitas debian de ser gratis para todos os veciño e veciñas de Camariñas, ademáis amosou a sua oposición a que se privatice o servizo ao museo de man, xa que pode ser levado perfectamente polo propio Concello. Isto  vai a supor un gasto máis para a deteriorada economia do Concello de Camariñas o que repercutirá unha vez máis na suba de impostos a todos os Camariñáns.