A administración Local como proxecto recentralizador

A administración Local como proxecto recentralizador

BNG-campana-reforma-administracion-ciudadania_EDIIMA20131008_0283_4

REFORMA DOS CONCELLOS

RUINA PARA A CIDADANIA

Queren concentrar os servizos para privatizalos

 

En que consiste a reforma dos Concellos?

É un proxecto de Lei que pretende baleirar de competencias os Concellos para centralas nas deputacións Provinciais que ignora as características propias dos Concellos Galegos en canto a a súa dispersión, o envellecemento da poboación, o desequilibrio territorial, o urbano e o rural, etc…

 

Por que é unha ruina para a cidadania?

Porque os Concellos son os organismos máis próximos a ti. Suprimir estas competencias seria danar de morte os servizos que recibe a cidadania.

 

Por que é malo que as deputacións asuman estas competencias?

Porque as deputacións están lonxe da xente. Porque non é elexido de forma directa pola cidadania. Van deixar desatendidas as necesidades de moitas persoas.

 

En que se vai ver afectado o teu día a día?

En que moitos dos servizos dos que hoxe dispós van empeorar ou, directamente, desaparecer. Porque a decisión das prioridades vai estar lonxe das suas necesidades.

En que o Concello, ese centro administrativo ao que agora te dirixes de forma directa e próxima , para resolver calquera cuestión, non vai ter capacidade de decisión e, por tanto, de resolver o teu problema.

En que para resolver calquer cuestión, terás que desprazarte e tratar con xente que non coñeces nin te coñece.

 

En que van quedar os Concellos?

En simples delegacións ou oficinas.

 

Cal é o motivo desta reforma?

O motivo real é a intención de privatizar os servizos públicos. A medida oriéntase ao lucro das grandes empresas xa que ningunha grande empresa privada vai sacar lucro de prestar un determinado servizo nun concello de menos de 20.000 habitantes; por iso compre agrupar os servizos. Así o lucro empresarial obtense de ter o persoal en peores condicións laborais e subordinar as necesidades das persoas usuarias ao obxectivo económico da empresa que xestiona o servizo.

 

OS SEGUINTES SERVIZOS VANSE VER EMPEORADOS OU DIRECTAMENTE SUPRIMIDOS.

  • Asistencia Social: Traballadores/as sociais pasarán a depender das deputacións, reducindo o seu número e privatizando os seus servizos.
  • Centros de día: Antepónse o seu benestar ao lucro económico.
  • Escolas Infantís e Colexios: A lóxica vai ser a de gañar ou perder cartos.
  • Dotacións Deportivas: Privaranse da posibilidade de establecer as nosas prioridades de infraestructura e planificación de actividades deportivas.

 

Pensa nun dos servizos do que es usuario/a e pregúntate que será del cando non o preste o teu Concello…

 

Polo seu interese reproducimos aquí o artigo de Lois Burgos sobre a  Avaliacion da reforma da Adminstracion Local (1)

E o artigo de Alba Nogueira sobre A Administración local como apéndice no proxecto recentralizador (1)