A Mostra de Encaixe precisa un novo pulo

xxvii-mostra-do-encaixe-camariñas_img4040n2t0
O BNG demanda do goberno municipal unha maior atención á Mostra.

O BNG advirte que é preciso reactivar a mostra porque o descenso de visitantes é contínuo ano tras ano. A próxima edición, a XXVIII, celebrarase do 28 de marzo ao 1 de abril de 2018.

A Mostra de Encaixe precisa un novo pulo

Apòs da mostra do encaixe de Camariñas, o BNG de Camariñas constata un ano máis o descenso de visitantes na mostra e con elo o descenso no turismo local. Dende o BNG amosamos o apoio a que se celebre unha mostra de encaixe en Camariñas, máis consideramos que dende o goberno local débese de darlle pulo á mostra, buscando novas alternativas que fagan que xente que en pasadas edicións visitou a feira do encaixe se sintan atraidas por outros actos ou actividades que xiren en torno a tal evento.

 

Por outro lado, a  Concelleira do BNG de Camariñas non asistiu ao evento para protestar polo machismo amosado pola edil responsable da mostra, Sandra Insua,  no último pleno celebrado e que a día de hoxe ainda non se disculpou ante a corporación e a veciñanza de Camariñas.

 

A Mostra de Encaixe precisa un novo pulo