Imprimir

ILVA CARRIL, candidata á alcaldia polo BNG de Camariñas

BNG de Camariñas | 23 de xaneiro de 2015

foto 002O BNG de Camariñas-Asemblea Aberta elexiu por unanimidade a Ilva Carril como cabeza de lista para as eleicións municipais. Ilva Carril procede do movimiento asociativo e destacou sempre por manter unha defensa decidida dos intereses dos vecinos/as. Durante estes anos en cabezou a reclamación de melloras para o Concello de Camariñas como foron: A defensa do mantemento do servizo de pediatría, na defensa dos servizos públcos(Ensino, correios, sanidade), reparación e arranxo de parques infantiles, defensa decidida dos dereitos das mulleres. Encabezou a delegación do BNG para apoiar aos sectores productivos de Camariñas. E,  Ademáis estivo presente en numerosos actos en defensa da nosa comarca ( defensa para que a autovía chegue á Costa da Morte, mantemento da base de salvamento en Cee, contra a violencia ás mulleres etc…)

Por ser unha muller loitadora e pola sua valia persoal é polo que a Asemblea Aberta convocada ao efecto polo BNG de Camariñas elexiu unánimemente a Ilva Carril.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/campanhas/ilva-carril-candidata-alcaldia-polo-bng-camarinhas/20150123094024000763.html


© 2019 BNG de Camariñas

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal