Eliminación do Servizo de Correios na Ponte do Porto por parte do P.P.

Eliminación do Servizo de Correios na Ponte do Porto por parte do P.P.

Ponte do Porto

O BNG de Camariñas denunciou no seu día o empeoramento do servizo de correos e os recortes de oficinas, servizos e personal que se leva practicando dende fai anos. Tamén denunciou que non se está a cumprir cos mínimos do que está considerado lexislativamente un servizo universal. Compre lembrar, que a oficina situada na Ponte do Porto, existe dende sempre e nos últimos tempos o seu horario de atención ao público víuse mermado, até situarse nun marxen de horario verdadeiramente limitado, restrictivo e insuficiente. Actualmente o horario de atención ao público en dita delegación é de 10:30 a 11:30, de lúns a venres, os sábados non existe ningún servizo.

Ademáis das restriccións horarias, non se prestan servizos como o franqueo, a factruación ou o servizo de apartados postais, obrigando aos usuarios a desplazarse á oficina do Concello de Vimianzo.

A localidade da Ponte do Porto- Camariñas está situada nun ponto intermedio da Costa da Morte, nun lugar estratéxico entre os concellos de Camariñas e Vimianzo, que distan entre si uns 20 Kms. Tanto é así, que a propia entidade de correos creou un código postal, cuxa numeración é 15121, que non só correspondía ao lugar da Ponte do Porto e outras parroquias, sinon que incluie en dito código postal a totalidade dos lugares de Camelle- Arou-Camariñas, e doutras parroquias pertencentes ao concello de vimianzo, como Carantoña, Cereixo e Carnés.

Queda patente que o horario que ofrecen na oficina de correos de Ponte do Porto é verdadeiramente insignificante, e non ofrece un servizo óptimo aos cidadáns, situándose moi por debaixo do esixido nas normativas postais.

O BNG de Camariñas a través do Grupo Parlamentario do BNG formulou no seu día unha serie de preguntas ao Goberno do Partido Popular nas que se pedia que se atenderá a petición dos veciños/as da zona para manter a oficina de correos con persoal suficiente e cun horario axeitado ao servizo que debe de prestar a oficina de correos aos veciños/as do noso Concello.

Recentemente o Goberno do Partido Popular contestou ao BNG decindo que se realizou unha reestructuración dos servizos rurais e considera que tanto o horario como a atención son axustados.

Dende o BNG de Camariñas DENUNCIAMOS o recorte nos servizos de correos por parte do Partido Popular, o que leva a case desaparición deste servizo no noso Concello. Demandamos que se amplie o horario da oficina de correos da Ponte, así como a reposición do franqueo, a facturación ou os apartados postais.

Eliminación do Servizo de Correios na Ponte do Porto por parte do P.P.