Imprimir

O BNG de Camariñas esixe a dimisión do alcalde

bngcamarinhas | 09 de maio de 2017

Manuel Valeriano Alonso de León (PSOE).
Manuel Valeriano Alonso de León (PSOE).

O BNG lembra que o Xulgado do Penal número 3 da Coruña condenou ao alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León (PSOE), a catro anos de inhabilitación "como autor de un delito continuado de prevaricación administrativa".

O BNG de Camariñas sempre denunciou a actitude caudillista do alcalde de Camariñas. Unha vez máis amosa un actitude dictatorial ao non querer dimimitir logo de ser condenado a catro anos de inhabilitación por contratar a un compañeiro do PSOE.

 

Dende o BNG de Camariñas xa denunciáramos que se contrataba sempre ao mesmo personal con subvencións da deputación e que o alcalde estaba a practicar unha política de enchufismo, ben coñecida por todas as veciñas e veciños. O suposto código ético do PSOE quedou en papel mollado en Camariñas, xa que despois de abrirse xuizo oral por procedimento penal ao alcalde, este non dimitiu nin siquera foi expulsado do seu partido. Lembremos que o alcalde xa fora imputado (investigado) no ano 2011 por suposta negociación prohibida a funcionarios e continou no cargo como si nada pasara. Por iso o BNG insiste en reclamar a dimisión de Manuel Valeriano Alonso.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-camarinas-esixe-dimision-do-alcalde/20170509120152000866.html


© 2019 BNG de Camariñas

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal