BNG de Camariñas

O BNG pide no Parlamento deter o proxecto de Fenosa en Cabo Vilán

O BNG pide no Parlamento deter o proxecto de Fenosa en Cabo Vilán

A representante do BNG nas institucións europeas, Ana Miranda, criticou esta semana en Camariñas a toxicidade dás sustancias que van ser empregadas neste proxecto piloto de acumulación de electricidade procedente dás turbinas e censurou que se escollese para o mesmo un espazo protexido como Cabo Vilán.

 

O BNG levou ao Parlamento galego unha pregunta sobre esta cuestión na que denunciaba que o Goberno galego "decide facer experimentos industriais e enerxéticos en espazos protexidos. Só así pode entenderse o recente entendemento con Gas Natural Fenosa para poñer en risco o Cabo Vilán, un entorno cun alto valor ecolóxico. Trátase dun lugar que enriquece o patrimonio da biodiversidade, con moi boa representación de hábitats prioritarios e comunitarios, e a presenza de especies en perigo. Dentro dunha Zona de Especial Conservación e unha Zona de Especial Protección de Aves da Rede Natura".

 

A deputada nacionalista Carme Adán pide ao Parlamento de Galiza que inste "insta ao Goberno galego a deter de inmediato o proxecto da compañía eléctrica Gas Natural Fenosa que pretende en Cabo Vilán, establecer unha planta experimental de almacenamento electroquímico de enerxía, mediante o uso da tecnoloxía coñecida coma Fluxo Redox de Vanadio, coa instalación de dous grandes tanques con sustancias tóxicas e corrosivas, o sulfato de vanadio e ácido sulfúrico.”

Ler nova