PICHURRI DIMISIÓN POR PREVARICACIÓN!!

DIMISIÓN E CAMBIO TRANQUILO

prevaricacion_justicia_web-680x365_c
prevaricacion_justicia_web-680x365_c

O BNG de Camariñas denuncia publicamente a campaña que están a realizar algúns militantes destacados do PSOE de Camariñas, recollendo sinaturas en defensa da prevaricación realizada polo alcalde Manuel Valeriano Alonso dpichurrie León “Pichurri”.  O PSOE de Camariñas debe de favorecer un cambio tranquilo no Concello que goberna e non xogar a crispar ao povo de Camariñas  para defender a un acalde que prevarica  e se  escuda nas siglas do PSOE e de complices que apoian os seus actos. O orgullo e o ego ferido do alcalde teno que limpar o alcalde cumplindo coa sentenza e co código ético do seu partido. O partido Socialista de Camariñas debe garantir un clima de confianza, coherencia e bo goberno para cos seus veciños e veciñas aos cal se debe, e nada máis.

Dende o BNG apelamos ao PSOE e aos seus militantes e simpatizantes que estan asqueados da política caciquil e autoritaria deste alcalde para que leven adiante un cambio tranquilo e pacífico no concello de Camariñas polo ben de todos os veciños/as

DIMISIÓN E CAMBIO TRANQUILO