O PSOE DEBE CUMPLIR A LEI DE MEMORIA HISTÓRICA

RETIRADA DO TÍTULO DE ALCALDE HONORARIO DO DICTADOR FASCISTA-FRANCO

franco-plataforma-de-artistas-antifascistas
franco-plataforma-de-artistas-antifascistas

Esta semana o BNG de Camariñas streetviewrexistrou unha moción para a recuperación da memoria histórica e a condena da dictadura franquista no Concello de Camariñas. O artigo 15 da Lei sobre símbolos e monumentos públicos obriga a desaparición da simboloxia franquista.Lembramos tamén      que en 1939 todos os concellos da provincia da Coruña concederon o título de alcalde honorario a Francisco Franco . Nos libros de actas do ano 1939 aparece a proposta da corporación de nomear por unanimidade alcalde de honra ao dictador Francisco Franco Baamonde. Ao día de hoxe, 78 anos despois, o concello de Camariñas segue sen retirar o nomeamento do dictador e incumprindo deste xeito a Lei da Memoria Histórica. Unha Lei impulsada polo propio goberno do PSOE, o mesmo que goberna en Camariñas dende hai 30 anos, é por iso que o BNG  solicita ao pleno do Concello de Camariñas que adopte o seguinte acordo:

  • A corporación municipal do Concello Camariñas expresa a súa da dictadura franquista.
  • A corporación municipal do Concello de  Camariñas retira o título de “alcalde honorario” de Francisco Franco Bahamonde.
  • A corporación municipal do Concello de  Camariñas comprométese a erradicar nun prazo razonable de tempo, todos os vestixios da dictadura franquista e dos seus estamentos que puideran ainda permanecer no rueiro e espazoz públicos do noso municipio.
RETIRADA DO TÍTULO DE ALCALDE HONORARIO DO DICTADOR FASCISTA-FRANCO