Proposta do BNG para que Camariñas retire a simboloxía franquista e as honras ao ditador

Represión franquista na Galiza. A derradeira lección do mestre. Castelao (1)
'A derradeira lección do mestre', de Castelao.

O BNG levará ao pleno unha moción para que Camariñas cumpra a Lei de Memoria Histórica, a mesma que aprobou o goberno do PSOE baixo a presidencia de Zapatero, o mesmo partido que goberna en Camariñas.

Proposta do BNG para que Camariñas retire a simboloxía franquista e as honras ao ditador

Esta semana o BNG de Camariñas rexistrou unha moción para a recuperación da memoria histórica e a condena da dictadura franquista no Concello de Camariñas. O artigo 15 da Lei sobre símbolos e monumentos públicos obriga a desaparición da simboloxia franquista.

 

Lembramos tamén que en 1939 todos os concellos da provincia da Coruña concederon o título de alcalde honorario a Francisco Franco. Nos libros de actas do ano 1939 aparece a proposta da corporación de nomear por unanimidade alcalde de honra ao dictador Francisco Franco Baamonde. Ao día de hoxe, 78 anos despois, o concello de Camariñas segue sen retirar o nomeamento do dictador e incumprindo deste xeito a Lei da Memoria Histórica. Unha norma impulsada polo propio goberno do PSOE, o mesmo que goberna en Camariñas dende hai 30 anos.

 

O BNG  solicita ao pleno do Concello de Camariñas que adopte o seguinte acordo:

"A corporación municipal do Concello Camariñas expresa a súa da dictadura franquista. A corporación municipal do Concello de  Camariñas retira o título de alcalde honorario de Francisco Franco Bahamonde, e comprométese a erradicar nun prazo razonable de tempo, todos os vestixios da dictadura franquista e dos seus estamentos que puideran ainda permanecer no rueiro e espazos públicos do noso municipio".

 

 

Proposta do BNG para que Camariñas retire a simboloxía franquista e as honras ao ditador