Presentación da candidatura do BNG ás municipais en Camariñas

A candidatura encabezada por Ilva Carril.
A candidatura encabezada por Ilva Carril.
Presentación da candidatura do BNG ás municipais en Camariñas

O BNG de Camariñas aprobou a súa candidatura para concorrer ás eleccións municipais de maio. Ilva Carril encabeza a lista. Unha lista aberta, plural e renovada, composta na súa maioría por veciñas independentes que nunca antes participaran en política e que agora deciden dar este salto para loitar a por unha vila renovada e dar un sopro de aire novo ao Concello.

 

Na lista do BNG de Camariñas están representadas tódalas parroquias e  tódolos sectores produtivos: mariñeiros, percebeiros, pequenos empresarios, traballadores/as, estudantes, emigrantes e parados. Imos amosar que hai outra forma de facer política sen clientelismos, amiguismos e autoritarismos. Con esta lista o BNG pretende acadar a alcaldía para mellorar a calidade de vida dos veciños/as e para ter un Concello máis democrático e participativo.