Sen subvencións nin gasto, parálise do goberno municipal

Imaxe dun pleno en Camariñas. Fotografías adiantegalicia.es
Imaxe dun pleno en Camariñas. Fotografías adiantegalicia.es

Asuntos do pleno de marzo na corporación de Camariñas: actitudes reprobabeis do grupo de goberno e tarefas pendentes

Sen subvencións nin gasto, parálise do goberno municipal

No último pleno celebrado en Camariñas, o BNG acusou a Concelleira de Servizos Sociais e igualdade, Sandra Insua, de ter unha actitude machista ao respostar a unha concelleira de que “non  recibe denuncias fregando os platos. Ante este tipo de actitude machista hacia as mulleres, a concelleira do BNG, Ilva Carril esixiu a esta que retirase este tipo de comentario e pedise disculpas a todos/as os/as presentes. Como ainda non  amosou as suas desculpas públicas hacia as mulleres e polo que  dende o BNG de Camariñas esiximos a sua demisión como responsable de Servizo Sociais e como tenente alcalde.

 

Trámites adiados

Por outro lado, o BNG de Camariñas critica que o concello deixa sin axudas a xente que pediu subvencións, debido a que o seu concellal Sergio Caamaño, concellal de emprego, tivo problemas familiares. Dende o BNG entendemos que as axudas e subvencións non poden depender de si o concellal de turno está resfriado ou ten outro tipo de problemas. O BNG pide que ainda que haxa unha persoa de baixa se poidan solicitar subvencións.

 

Mantemento

Neste pleno o BNG esixio que se invirta en mantemento do mobiliario público, xa que o concello de Camariñas é o concello que menos gasta en mantemento. Aí están os numerosos desperfectos que temos denunciado (parques infantiles, paseo marítimo, alumeado público, barandillas etc…). E por último esiximos unha vez máis que o partido socialista encabezado polo seu alcalde, cumpra coa Lei de Memoria Histórica e inicie a retirada da simboloxia franquista e dos nomes das rúas que esteñan relacionadas co franquismo.