CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL

Imposibilidade de Conciliación Familiar e Laboral por falla de Políticas Eficaces.

Casa do Concello de Camariñas.
Casa do Concello de Camariñas.
Imposibilidade de Conciliación Familiar e Laboral por falla de Políticas Eficaces.

O BNG de Camariñas denuncia a situación na que se atopan e se poden atopar as familias para poder conciliar o traballo co coidado das fillas e fillos. Despois de que a Xunta de Galiza anunciara medidas tendentes a conciliación, vemos que siguen sen aplicar ningún tipo de políticas, e unha vez máis os anuncios da Xunta neste tema queda en mera propaganda. En Camariñas as familias na que os seus membros queiran conciliar e adaptar os horarios da gardería coa sua xornada laboral, vense imposibilitados pola falla de flexibilidade nos horarios que existe neste tipo de centros dependentes da xunta de Galiza, así como pola falla de oferta de prazas axeitadas as familias do noso Concello.

 

Recentemente algunas familias pediron a alcaldía que estudara posibels saídas a esta situación, o alcalde e a tenente de alcalde nin siquera se dignaron a responder por este asunto, como si o tema non fose con eles nin coa atención que deben de ter os gobernantes para cos vecinos/as.

 

Dende o BNG esiximos que o Concello presione a Xunta de Galiza para que haxa turnos de gardería acorde as necesidades de veciñas e veciñose estude posibles vías para que a veciñanza poida conciliar o traballo coas suas responsabilidades familiares. É importante priorizar este tipo de cuestión para que poidamos vivir plenamente no rural sin ningún atranco e sin que abandonemos o noso Concello pola imposibilidade de compaxinar familia e traballo.