O BNG de Camariñas vota contra as catro adicacións exclusivas do PSOE

Casa do Concello. Fachada
Casa do Concello.
O BNG de Camariñas vota contra as catro adicacións exclusivas do PSOE

Despois da celebración do pleno extraordinario celebrado en Camariñas onde se aprobaron as catro dedicacións exclusivas e as retribucións dos concelleiros do PSOE, que contou co voto en contra do BNG de Camariñas, queremos informar que o BNG votou contra as catro dedicacións exclusivas aprobadas polo PSOE por constituir un gasto que pode repercutir, via impostos, nos veciños/as de Camariñas.

 

O soldo que  aprobou o PSOE para os seus concelleiros  supón un gasto de 109.981,12 euros, máis de 18 millóns de pesetas, mentres que a situación económica e poboacional de Camariñas é cada día máis precaria e non para de baixar. A poboación de Camariñas pasou  de .6075 veciños/as  no ano 2011 a 5774 veciños/as no ano 2015. Ou sexa que a poboación descende e as dedicacións e retibucións aos concelleiros do PSOE con cargo ao concello aumentan. Isto mentres o noso concello ten unha débeda viva coas entidades bancarias de 1.665.000 euros e unha débeda por habitante de 288 euros e ocupa a posición 2663 (As posición van do 1 ao 8188)  no ranking de concellos máis endebedados.

 

Por todo elo consideramos que a aprobación das dedicacións exclusivas e as suas retribuacións deben de ser reconsideradas polo grupo socialista e deben de xustificar detalladamente cales son os traballos que realizan as catro persoas con dedicación exclusiva a prol dos vecinos e veciñas de Camariñas.

 

 

 

 

O BNG de Camariñas vota contra as catro adicacións exclusivas do PSOE