O BNG de Camariñas esixe o arranxo das estradas do noso Concello.

O BNG de Camariñas esixe o arranxo das estradas do noso Concello.

O BNG de Camariñas esixe o arranxo das estradas do noso Concello

Pese a suba de impostos desproporcionada levada a cabo polo Concello, non se está a reparar as estradas polas que circulamos habitualmente. Iste feito pon en perigo a circulación e a seguridade dos veciños e veciñas do noso Concello. Resulta, cando menos sorprendente que comprobar como na Avda Juan Carlos1º de Camariñas os postes de luz soterrados nunha enorme base de formigón ocupan unha boa parte da estrada. Non menos perigiosos resultan os badéns cunha altura que sobrepasa en centímetros o máximo permitido. En deplorable estado  atopanse os acceso ao noso concello con enormes socavóns como son o caso da travesia da esquipa e o acceso dende Braño a Camelle.

O BNG de Camariñas esixe ao Concello que arranxe de inmediato as estradas pois o manter os accesos en condicións é beneficioso para a economia local ademáis de cosntituir un servizo que se presta a tódolos veciños e veciñas.