Ana Miranda reclama en Bruxelas protección para o Corredor Marítimo de Fisterra

Ana Miranda con Serxio Domíngez e Xan Carlos Sar.
Ana Miranda con Serxio Domíngez e Xan Carlos Sar.

A eurodeputada do BNG visitou a Costa da Morte para coñecer de primeira man os problemas relacionados coa contaminación mariña e o salvamento marítimo.

Ana Miranda reclama en Bruxelas protección para o Corredor Marítimo de Fisterra

Xunto aos concelleiros do BNG en Cee e Fisterra, Serxio Domínguez Louro e Xan Carlos Sar, a eurodeputada nacionalista visitou a praia de Cee, a EDAR e as instalacións do heliporto de Salvamento Marítimo. "O Corredor Marítimo de Fisterra, cun tránsito de 40000 navíos está desamparado, tanto por contar cun heliporto sen helicóptero despois dunha inversión millonaria que contou con fondos europeos, como polos sentinazos incontrolados que non se vixían  nesa zona de gran perigosidade", afirma ao respecto Ana Miranda.

 

Miranda presentou esta semana en Bruxelas diversas iniciativas encamiñadas a fomentar a protección do Corredor Marítimo de Fisterra e que este sexa considerado “zona especial”. Para Miranda é imprescindible lavar a cabo actuacións que permitan aumentar a seguridade na zona e reducir os vertidos incontrolados dos cruceiros internacionais que pasan pola costa galega.

 

Prevención
O BNG considera  que o Corredor de Fisterra ten que ter a consideración de "zona especial" a respecto do tráfico marítimo internacional porque "non queremos outro Prestige". Neste sentido, para a formación nacionalista é imprescindible a posta en marcha de medidas preventivas de control e medios técnicos de salvamento, “non heliportos baleiros”.

 

De feito, Salvamento Marítimo conta co efectivo correspondente no aeroporto de Santiago, pero deste xeito o tempo de chegada en caso de accidente é indubidablemente máis alto que si estivese na comarca Fisterra. Co obxectivo de modificar esta situación, Ana Miranda dirixirase mediante unha carta á Axencia Europea de Seguridade Marítima (ESMA) con sede en Lisboa para pedir que se actualicen os datos de control satelital "Cleanseanet" no Corredor de Fisterra.