BNG DE CAMARIÑAS DENUNCIA AS ACTITUDES MACHISTAS DA CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS

Machismo e fascismo

No último pleno celebrado en Camariñas, o BNG acusou a Concelleira de Servizos Sociais e igualdade, Sandra Insua, de ter unha actitude machista ao respostar a unha concelleira de que “non  recibe denuncias  fregando os platos”. Ante este tipo de actitude machista hacia as mulleres, a concelleira do BNG, Ilva Carril esixio a esta que retirase este tipo de comentario e pedise disculpas a todos/as os/as presentes. Como ainda non  amosou as suas desculpas públicas hacia as mulleres e polo que  dende o BNG de Camariñas esiximos a sua demisión como responsable de Servizo Sociais e como tenente alcalde.

Por outro lado, o BNG de Camariñas critica que o concello deixa sin axudas a xente que pediu subvencións, debido a que o seu concellal Sergio Caamaño, concellal de emprego, tivo problemas familiares. Dende o BNG entendemos que as axudas e subvencións non poden depender de si o concellal de turno está resfriado ou ten outro tipo de problemas. O BNG pide que ainda que haxa unha persoa de baixa se poidan solicitar subvencións.

Neste pleno o BNG esixio que se invirta en mantemento do mobiliario público, xa que o concello de Camariñas é o concello que menos gasta en mantemento. Aí están os numerosos desperfectos que temos denunciado (parques infantiles, paseo marítimo, alumeado público, barandillas etc…)

E por último esiximos unha vez máis que o partido socialista encabezado polo seu alcalde, cumpla coa lei da memoria histórica e inicie a retirada da simboloxia fascista e dos nomes das rúas que esteñan relacionadas co franquismo.

Machismo e fascismo