PICHURRI DIMISIÓN

O BNG DE CAMARIÑAS ESIXE A DIMISIÓN DO ALCALDE

images

O BNG DE CAMARIÑAS ESIXE A DIMISIÓN DO ALCALDE

O BNG de Camariñas sempre denunciou a actitude caudillista do alcalde de Camariñas. Unha vez máis amosa un actitude dictatorial ao non querer dimimitir logo de ser condenado a catro anos de inhabilitación imagespor contratar a un compañeiro do PSOE. Dende o BNG de Camariñas xa denunciáramos que se contrataba sempre ao mesmo personal con subvencións da deputación e que o alcalde estaba a practicar unha política de enchufismo, ben coñecida por todos os/as veciños/as do concello. O, suposto, código ético do PSOE quedou en papel mollado en Camariñas, xa que despois de abrirse xuizo oral por procedimento penal ao alcalde, este non dimitiu nin siquera foi expulsado do seu partido. Lembrar que o alcalde xa fora imputado (investigado) no ano 2011 por suposta negociación prohibida a funcionarios e continou no cargo como si nada pasara. dimisión do alcalde “Pichurri”