Proxecto de Instalación dunha empresa contaminante no Cabo Vilán.

Proxecto de Instalación dunha empresa contaminante no Cabo Vilán.

O BNG de Camariñas denuncia que a Xunta de Galiza autorizara un proxecto sin avaliar o impacto ambiental que pode producir o proxecto da compañía eléctrica Gas Natural Fenosa que quer impulsar dentro da área protexida pola Rede Natura, ubicada no Cabo Vilán, que foi declarado Zona de Especial Conservación (ZEC), Zona de Especial protección para as Aves(ZEPA) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais(ZEPVN). Trátase dunha planta experimental deFaro-Camariñas.jpg almacenamento de electroquímico de enerxia, mediante o uso da tecnoloxia coñecida coma Fluxo Redox Vanadio, coa instalación de dous tanques con sustancias tóxicas e corrosivas, o sulfato de vanadio e ácido sulfúrico. A pesares da alta toxicidade das sustancias que van a ser empregadas neste proxecto piloto de acumulación da electricidade procedente das turbinas, das que se coñece moi poucas experiencias e instalacións para grandes almacenamentos enerxéticos a nível mundial, e menos dentro de espazos naturais protexidos.

A Xunta de Galiza decidiu non someter este proxecto ao procedemento de avaliación ambiental. Lembremos que o ácido sulfúrico e o sulfato de vanadio son sustancias químicas moi tóxicas. A propia empresa, Gas natural admite que o electrolito conten estas sustancias e que deben de “tratarse con cuidado”. Tamén considera que o “único factor de risco que existe é o de derrame”.

O BNG de Camariñas denuncia que este proxecto  constitue un perigo para o medio ambiente e o medio marino. E que no caso de derrame pode pasar as aguas do cabo vilán, constituindo un perigo para a economia local (pesca,marisqueo…).

Tamén criticamos o escurantismo e a falta de información por parte do alcalde aos veciños/as de Camariñas que van a ser afectados por dita instalación.

O BNG a través da Europarlamentaría Ana Miranda preguntou na Comisión Europeia pola instalación da planta electroquímica de enerxia e si esta comisión coñecia que se ia instalar en Rede Natura e que non se fixese a avaliación ambiental.