PRESENTACIÓN BNG DE CAMARIÑAS

PRESENTACIÓN BNG DE CAMARIÑAS

 

FotoCarmen Bouza

O BNG de Camariñas aprobou a súa CANDIDATURA para concorrer ás eleccións municipais de Camariñas. Ilva Carril encabeza a lista do BNG de Camariñas. Unha lista aberta, plural e renovada,  composta na súa maioría por veciños/as independentes que nunca antes participaran en política e que agora deciden dar este salto para loitar a por un Camariñas renovado e dar un sopro de aire novo ao Concello. Na lista do BNG de Camariñas están representadas tódalas parroquias e  tódolos sectores produtivos: mariñeiros, percebeiros, pequenos empresarios, traballadores/as, estudantes, emigrantes e parados.

Vamos a amosar que hai outra forma de facer política sen clientelismos, amiguismos e autoritarismos. Con esta lista o BNG pretende acadar a alcaldía para mellorar a calidade de vida dos veciños/as e para ter un Concello máis democrático e participativo.