BNG de Camariñas vota contra as catro adicacións exclusivas do PSOE

BNG de Camariñas vota contra as catro adicacións exclusivas do PSOE

Despois da celebración do pleno extraordinario celebrado en Camariñas onde se aprobaron as catro dedicacións exclusivas e as retribucións dos concelleiros do PSOE, que contou co voto en contra do BNG de Camariñas, queremos informar que o BNG de camariñas votou contra as catro dedicacións exclusivas aprobadas polo PSOE por constituir un gasto que pode repercutir, via impostos, nos veciños/as de Camariñas. O soldo que  aprobou o PSOE para os seus concelleiros  supón un gasto de 109.981,12 euros, máis de 18 millóns de pesetas, mentres que a situación económica e poboacional de CamariBanqueirosñas é cada día máis precaria e non para de baixar. A poboación de Camariñas pasou  de 6075 veciños/as  no ano 2011 a 5774 veciños/as no ano 2015. Ou sexa que a poboación descende e as dedicacións e retibucións aos concelleiros do PSOE con cargo ao concello aumentan. Isto mentres o noso concello ten unha débedada viva coas entidades bancarias de 1.665.000 euros e unha débeda por habitante de 288 euros e ocupa a posición 2663 (As posición van do 1 ao 8188)  no ranking de concellos máis endebedados.

Por todo elo consideramos que a aprobación das dedicacións exclusivas e as suas retribuacións deben de ser reconsideradas polo grupo socialista e deben de xustificar detalladamente cales son os traballos que realizan as catro persoas con dedicación exclusiva a prol dos vecinos e veciñas de Camariñas.