O BNG de Camariñas solicita unha reunión coa Consellaría de Industria e Medio Ambiente

O BNG de Camariñas solicita unha reunión coa Consellaría de Industria e Medio Ambiente

 

PETROLEOO BNG , ven de rexistrar unha Solicitudes de Reunión Industria Medio Ambiente

Despois do escurantismo que rodea o proxecto de instlación no Cabo Vilán, por parte da Xunta de Galiza e polo Alcalde de Camariñas, o BNG  ven de rexistar na Xunta de Galiza unha Solicitude de reunión por parte do BNG de Camariñas coa Consellería de Economia e Industria e Coa Consellaría de Medio Ambiente, para coñecer de primeira man a situación na que se atopa o proxecto de instalación  dunha planta experimental de almacenamento electroquímico de enerxia mediante o uso da tecnoloxia coñecida coma Fluxo Redox Vanadio, coa instalación de dous grandes tanques con sustancias tóxicas e corrosivas como son o sulfato de Vanadio e o ácido sulfúrico. O BNG denuncia que a instalación destes tanques pode supor unha ameaza para a economia e o comercio local. Así como para para a flora e a fauna.

Ante a irresponsabilidade, complicidade e escurantismo da Xunta do PP e da Alcaldia do PSOE co que pretenden instalar estes tanques contaminantes no cabo vilán para favorecer os intereses da multinacional GAS NATURAL-FENOSA; O BNG de Camariñas solicitou no día de hoxe unha reunión coas Consellarías antes citadas para coñecer a fase na que se atopa este proxecto e para dar a coñecer a postura do BNG de Camariñas ante esta ameza.