BNG de Camariñas en defensa do emprego do Galego e a sua toponimia.

BNG de Camariñas en defensa do emprego do Galego e a sua toponimia.

galego6O BNG de Camariñas denuncia a non utilización do idioma Galego e a deturpación da toponimia empregada nos cartaces e documentos informativos elaborados para a campaña do “Plan de Dinamización Sitio de Interés Turístico cabo Vilán. Camariñas. O mar todo”. Este proxecto está promovido polo Concello de Camariñas e financiado con fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira, GAC3-costa. Existe por parte do Concello un desprezo miserable pola defensa do noso idioma e así non é de estrañar que impriman publicidade en español e inglés e se olviden do Idioma Galego e inclusive vaian a máis coa aceptación de toponimia totalmente deturpada. Así a pedra do sal pasa a chamarse “Piedra de la sal”, a igrexa de Santa Mariña por “Iglesia de Santa Maria”, “punta de la Pedrosa” e a combinación de galego e castelan castrapado e castrado de “furna de los infiernos”. Lembramos que o alcalde “pichurri” no seu día xa proibira e mandara a policía local retirar un posto de Queremos Galego, no que se informaba sobre a situación do Galego no noso país. Sorprende tamén que a Xunta (Que suscribe todo o material) e o Grupo de Acción Costeira non supervisen os cartaces e folletos elaborados, pois estas cartaces estanse a colocar por todo o concello de Camariñas coa ausencia máis absoluta do Idioma Galego.