O BNG de Camariñas apoia a Folga dos/as traballadores/as da Fábrica de Stolt Sea Farm.

O BNG de Camariñas apoia a Folga dos/as traballadores/as da Fábrica de Stolt Sea Farm.

 

 

FolgaA empresa Stolt Sea Farm é o paradigma de empresa multinacional que recibe grandes subvencións concedidas polas diferentes administracións e incluso se lles facilita a ubicación e a concesión de terreo público. Grazas a esto consiguen grandes beneficios  e logo  recortan nas condicións laborais e salariais dos traballadores/as para seguir aumentando a sua conta de resultados e altas retribucións do Personal Directivo  a costa do suor e do sufrimento dos/as traballadores/as. Isto evidencias no feito de que despois de  dezaoito meses de negociación do Convenio Colectivo a Dirección de Empresa non mudase nada da sua intención de aproveitar a negociación do Convenio Colectivo para aplicar a última  reforma laboral , aprobada polo PSOE e recrudecida polo PP, con tódalas consecuencias e así recortar dereitos adquiridos polos traballadores/as dende fai 25 anos a todos os níveis: Salario, xornada laboral, tempo de traballo etc…

Transcurrido este tempo e unha vez que a empresa non conseguiu impoñer os recortes laborais da un paso máis adiante e decide romper unilateralmente a mesa de negociación e non aceptar a proposta do Comité de empresa por continuar coas negociacións e pese a que a Representación Sindical solicitou a arbitraxe ao Consello Galego de Relacións Laborais (C.G.RR.LL.) que foi rexeitado pola dirección de Stolt Sea Farm.  Ante os recortes dos dereitos dos traballadores e traballadoras e ante a falla de vontade negociadora por parte de Stolt Sea Farm  o Comité de empresa presidido pola C.I.G ., decide convocar Folga para os vindeiros días 12,13 e 19, 20 de decembro contra o recorte das condicións laborais e contra a inaplicación do Convenio Colectivo. Por todo elo  o BNG de Camariñas apoia a Folga convocada polos traballadores/as de Stolt Sea Farm e denuncia o intento do Director Xeral de condicionar de xeito ilegal o dereito á Folga que asiste aos traballadores/as como un dereito fundamental. Reclamamos da xunta de Galiza que  convoque as partes implicadas no conflicto e que sexa parte activa co fin de buscar unha saida negociada ao mesmo xa que as decisións adoptadas por esta empresa poden ter repercusións negativas nas condicións de vida dos veciños/as da Costa da Morte e aprofundar máis na xa lamentabel situación de desemprego que asola a nosa comarca.