O alcalde de Camariñas"PICHURRI" lémbranos actitudes autoritarias

O alcalde de Camariñas"PICHURRI" lémbranos actitudes autoritarias

 

30No último pleno celebrado no concello de Camariñas, o BNG esixiu ao alcalde “Pichurri” que creara unha mesa de contratación na que estiveran presentes as organizacións con presenza no Concello e se invitase a tódalas empresas de Camariñas a participar para a asignación das obras que se levan a cabo no noso concello, e  non soamentes recaian nas mesmas empresas, todas elas con vinculos claros co PSOE. Esta mesa de contratación serviria para garantir maior clareza e democracia a hora de levar adiante os procedimentos. A actitude do alcalde non podia ser outra que a de negarse a constituir a mesa. A sorpresa do BNG de Camariñas foi maiuscula, cando se preguntou polos terrenos onde se depositaban os escombros en Camelle. A resposta firme e sin rubor do calcalde foi que ises terreos foran cedidos gratuitamente, as mesmas constructoras que se lle asignan tódalas obras do concello. Pois estas constructoras serian o garante de que non se depositaran os escombros. E, quedase tan pancho!!!. O alcalde está a xogar co diñeiro dos veciños, eses terreos pertencen ao colectivo dos veciños e é diñeiro que se deixa de ingresar para as arcas públicas.

Mentres elaboramos esta nota a praia de Lingunde presenta contaminación por coliformes fecales, e unha vez máis vai o noso alcalde e coa actitude autoritaria e prepotente que lembra tempos pasados, decide bañarse para que cunda o exemplo. Un comportamento, o de este alcalde, totalmente irresponsable. Na vez de comprobar a orixe da contaminación para por freo e restituir a situación, comportase como un irresponsabel. O BNG de Camariñas vai tomar as medidas que estime pertinentes ante tanto desproposito.