AFECTADOS/AS POLA CLAUSULA CHAN HIPOTECARIA

AFECTADOS/AS POLA CLAUSULA CHAN HIPOTECARIA

BanqueirosPolo interese para os/as veciños/as de Camariñas, o BNG de Camariñas deixa colgada nesta páxina a carta tipo para solicitar a eliminación da Clausula Chan que permitiria as familias hipotecadas non pagar de máis polas suas hipotecas xa que os níveis de euribor actual de media están en 0.507% fronte a chans de 2% como mínimo que soen ter as hipotecas. Isto suporia un aforro considerabel na deteriorada economia dos hipotecados/as do noso concello.

Ista carta tipo tamen conten a esixencia da devolución das cantidades cobradas de máis polas entidades bancarias durante os anos de hipoteca. Compre lembrar que cando se asinaron as hipotecas non se informaba aos clientes destas clausulas abusivas e as suas repercusións.

Aquelas persoas interesadas en que se lles envie o modelo en formato Word poden porse en contacto co BNG de Camariñas a través da páxina web, do correio ou a través dos responsabels de cada localidade do Concello:

En Camariñas e Xaviña: Ilva Carril e Eugenio López.

Ponte do Porto e Arou: Xosé Xoán Bermúdez e Rosa Bermúdez.

Camelle: Isabel Barreiro.

AFECTADOS/AS POLA CLAUSULA CHAN HIPOTECARIA